Blogia

danieltorres

Nordés Vill 03-03-1982

Nordés Vill 03-03-1982

Caderno de bitácora 24- 3 -2006

Xa hai días que partimos do porto da "Ignorancia " . Vento en popa e a toda vela dirixímonos por augas que eu xamais surcara, o medo invadiu o meu corpo, non sabia como me ia enfrontar a esta nova aventura no meu barco "pirata". O Xoves pasado chegamos a bo porto. O porto de "compañia", onde á miña tripulación unironse dous menbros( Alba, Rebeca). Xuntos iamos a abordar un barco mercante co nome de "Fundamentación". Traballamos a reo para alcanzalo en augas internacionais. Alí nun meridiano que non podo nomear, xa que así seria fácil localizar a nosa posición, chegamos de volta a porto coas mans valdeiras e agotados. Tivemos que navegar por augas turvulentas, e o único que quitamos desta viaxe foi un novo compañeiro de trasnadas( Kike "peito de lobo").

 

Caderno de bitácora 28- 3 - 2006

Estando en porto, estiven paseando pola praia e atopei unha mensaxe nunha botella. Que mensaxe tan bonita.

Respecto o que nos compete, soltamos amarras e continuamos navegando para abordar outro navio. Dábanos xa igual que ouvese marexada ou que non soprase o vento ao noso favor. O que realmente nos tiña preocupados era que non nos alcanzasen as provisións que levabamos na gamuza. Ao lonxe o vixia berrou: " barco a vista". Era un galeón que transportaba obras de arte, que se se venden a unha coleccionista ( Maria Jesús) poderiamos sacar bos resultados.

Con respecto ao barco mercante " Fundamentación" sabemos que está cargando en Puerto Esperanza. Esto é bo sinal. 

Caderno de biácora 24- 4-2006

Volvemos a levantar amarras nunha nova sigladura despois de pasar moito tempo en porto acondicionando o barco. Na actualidade é o barco máis rápido que surca o Atlántico. Saimos de porto cara unha nova aventura que nos deparará novos tesouros.

Coas velas izadas e con bandeira falsa saimos de porto a velocidade de cruceiro a sotavento. Demos cun mercante cargado de  "nova Información". Neste caso abordámolo con ganas e temos a moral polo ceo. Non hai máis que dicir que pronto voltaremos a actuar non estedes ansiosos/as. O tempo que estivemos en porto foi para facer melloras e que a tripulación descansase.

Caderno de bitácora 3 - 5 -2006

Regreso a surcar os mares depois de atracar durante uns días no porto "lameda". Xa levaba días agardando localizar un novo buque ao que poder abordar. O problema é que o buque deunos guerra e recibiunos a canonazos. Tentamos dunha e doutra maneira darlles resposta e non sei pero tivemos que fuxir, xa que os canons deberonse danar co mal tempo que nos colleu o pasado xoves. Loxicamente fuximos, con danos nas nosas velas, e nalgún que outro mastro.

Por outra banda, viaxamos ben durante os días seguintes xa que o tempo axudou. Viaxamos actualmente a media vela para poder alcazar porto e repara-lo barco.

 Caderno de bitácora 8- 5- 2006

Estamos fondeados na bahía de "Frotpage". O pasado xoves veu un barco do goberno co nome de "Squeak" para facernos un control do que saimos airosos. Non obstante, cando nos arrimamos a porto cambiamos a bandeira pirata por outra. Os tripulantes do "Squeak" axudaronnos a reparar o buque e pronto levaremos ancora para dirixirnos aos mares do Sur.

 Caderno de bitácora 11- 5- 2006

Estamos a rematala nosa viaxe, e conseguimos moitos tesouros. Cando arribemos algún porto arrancharemos, e volveremos sair xa que estamos en racha. E como din os vellos:  Non deixes cambialo vento". Teño prantexada a próxima viaxe. Será ós castros de Baroña buscar un tesouro que leva tempo enterrado. Ninguén nos pode ver xa que senon podennos deter.