Blogia
danieltorres

Nordés Vill 03-03-1982

Nordés Vill 03-03-1982

Caderno de bitácora 24- 3 -2006

Xa hai días que partimos do porto da "Ignorancia " . Vento en popa e a toda vela dirixímonos por augas que eu xamais surcara, o medo invadiu o meu corpo, non sabia como me ia enfrontar a esta nova aventura no meu barco "pirata". O Xoves pasado chegamos a bo porto. O porto de "compañia", onde á miña tripulación unironse dous menbros( Alba, Rebeca). Xuntos iamos a abordar un barco mercante co nome de "Fundamentación". Traballamos a reo para alcanzalo en augas internacionais. Alí nun meridiano que non podo nomear, xa que así seria fácil localizar a nosa posición, chegamos de volta a porto coas mans valdeiras e agotados. Tivemos que navegar por augas turvulentas, e o único que quitamos desta viaxe foi un novo compañeiro de trasnadas( Kike "peito de lobo").

 

Caderno de bitácora 28- 3 - 2006

Estando en porto, estiven paseando pola praia e atopei unha mensaxe nunha botella. Que mensaxe tan bonita.

Respecto o que nos compete, soltamos amarras e continuamos navegando para abordar outro navio. Dábanos xa igual que ouvese marexada ou que non soprase o vento ao noso favor. O que realmente nos tiña preocupados era que non nos alcanzasen as provisións que levabamos na gamuza. Ao lonxe o vixia berrou: " barco a vista". Era un galeón que transportaba obras de arte, que se se venden a unha coleccionista ( Maria Jesús) poderiamos sacar bos resultados.

Con respecto ao barco mercante " Fundamentación" sabemos que está cargando en Puerto Esperanza. Esto é bo sinal. 

Caderno de biácora 24- 4-2006

Volvemos a levantar amarras nunha nova sigladura despois de pasar moito tempo en porto acondicionando o barco. Na actualidade é o barco máis rápido que surca o Atlántico. Saimos de porto cara unha nova aventura que nos deparará novos tesouros.

Coas velas izadas e con bandeira falsa saimos de porto a velocidade de cruceiro a sotavento. Demos cun mercante cargado de  "nova Información". Neste caso abordámolo con ganas e temos a moral polo ceo. Non hai máis que dicir que pronto voltaremos a actuar non estedes ansiosos/as. O tempo que estivemos en porto foi para facer melloras e que a tripulación descansase.

Caderno de bitácora 3 - 5 -2006

Regreso a surcar os mares depois de atracar durante uns días no porto "lameda". Xa levaba días agardando localizar un novo buque ao que poder abordar. O problema é que o buque deunos guerra e recibiunos a canonazos. Tentamos dunha e doutra maneira darlles resposta e non sei pero tivemos que fuxir, xa que os canons deberonse danar co mal tempo que nos colleu o pasado xoves. Loxicamente fuximos, con danos nas nosas velas, e nalgún que outro mastro.

Por outra banda, viaxamos ben durante os días seguintes xa que o tempo axudou. Viaxamos actualmente a media vela para poder alcazar porto e repara-lo barco.

 Caderno de bitácora 8- 5- 2006

Estamos fondeados na bahía de "Frotpage". O pasado xoves veu un barco do goberno co nome de "Squeak" para facernos un control do que saimos airosos. Non obstante, cando nos arrimamos a porto cambiamos a bandeira pirata por outra. Os tripulantes do "Squeak" axudaronnos a reparar o buque e pronto levaremos ancora para dirixirnos aos mares do Sur.

 Caderno de bitácora 11- 5- 2006

Estamos a rematala nosa viaxe, e conseguimos moitos tesouros. Cando arribemos algún porto arrancharemos, e volveremos sair xa que estamos en racha. E como din os vellos:  Non deixes cambialo vento". Teño prantexada a próxima viaxe. Será ós castros de Baroña buscar un tesouro que leva tempo enterrado. Ninguén nos pode ver xa que senon podennos deter.

8 comentarios

ucha -

Que pasa capitan, a ver se nos tes mais informados da tua situacion, esperemos que o barco xa este reparado e listo para voltar a navegar a pesar de que tivera algun pequeno roze con algun arrecife, pero bueno esa e a vida do mariñeiro, pero unha vez que petas nun xa sabes onde esta e xa sabes esquiva-lo, a pesar de que seas experto en petar neles, jeje. Animo e a ver se nos deleitas cas tuas historias.

DarkSGAN (Simon) -

Bueno tío, no dejes morir el blog, que está redactado con mucha originalidad y se hace muy ameno de leer... venga, no te desanimes, y piensa que ya saldremos nuevamente de b... a socializarnos por ahi adelante una noche de estas ;)...

Saludos...
Simón.

anónimo -

en primer lugar perdón Pirata Mío, siento no haber podido acudir a nuestra cita, pero hubo marejada de fondo la cual me hizo imposible llegar a mi destino.
Espero ansiosa tu vuelta, y no sería de estrañar que volvieras más guapo que nunca de esta tu última marea,

¡ESE PARCHE POCO TE VA A DURAR!

Adriana -

Has entusiasmado al personal con tu valiosa aportación. Estamos esperando continuidad en su desarrollo. Hay que comer todos los días, no de vez en cuando
Adriana

anónimo -

jo pirata mio, cuanto te dignarás a ofrecernos otra travesía de las tuyas. Estoy ansiosa porque me muestres nuevos lugares a los que poder ir juntos, recuerda que aún te debo quitar el parche, jjejeje.

Por cierto que bien te queda esa cresta que llevas ultimamente.

Un beso, tu grumetilla picarona jeje

sandra -

HOLA, DANIEL!!MOI ORIXINAL O TEU BLOG GRUMETE, QUITANDO AS FALTAS DE ORTOGRAFÍA...NORABOA!!GUSTOUME MOITO.
UN SAÚDO.

fu -

moi ben daniel,parece mentira qescribiras todo esto ti so,vas deixalas nunha illa a elas contigo,¿ capitan

anónimo -

a mi pirata favorito:

estoy deseando llegar a clase para quitarte el parche del ojo y cualquier otro que encuentre.

besos y saludos,de tu grumete